Monday 20 de May de 2024

A Xunta e Renfe celebran o Día das letras galegas difundindo a imaxe de Luísa Villalta nos trens de Media Distancia e Avant


— Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura da escritora, música e docente coruñesa

— As estacións de Renfe exporán nos seus espazos de información a viaxeiros os carteis gañadores do concurso das Letras Galegas 2024, na categoría de secundaria

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, xunto cos xerentes da área de Servizo Público e de Prestacións de Servizos de Renfe en Galicia, Alberto Martínez e Moisés Durán, respectivamente, presentaron esta mañá na Coruña as accións acordadas para a promoción da figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día de las Letras Galegas deste ano.

O representante do departamento de Lingua da Xunta destacou a visibilidade e proxección que esta colaboración con Renfe —que se realiza desde hai varios anos— lle dá á celebración do 17 de maio e á divulgación da figura homenaxeada. Deste xeito, a imaxe de Luísa Villalta amosarase nos repousacabezas dos trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e A Coruña.

Ao respecto, Valentín García puxo en valor este tipo de iniciativas visuais en espazos polos que transita tanta xente, xa que se amosou convencido de que espertarán o interese das e dos viaxeiros pola autora, docente e música coruñesa, e de toda a súa obra, ao tempo que pola celebración das Letras Galegas.

Carteis gañadores do Concurso escolar das Letras Galegas 2024
Esta campaña ten como obxecto fomentar a cultura e a lingua galega, así como os desprazamentos en ferrocarril, medio de transporte comprometido coa sustentabilidade, eficiente, á vez que eficiente e seguro.

Ademais dos repousacabezas, Renfe exporá no seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas 2024, correspondente á categoría de Educación secundaria.

Deja un comentario